HISTORIAL
FOTOGRAFÍAS DE ACTORES
CURSOS
OBRAS PUBLICADAS
INICIO
OBRAS EN CARTEL
TÓDALAS OBRAS
CONTRATACIÓN
ACTORES  E TÉCNICOS
ENLACES E DESCARGAS
        
A compañía de teatro de títeres Falcatrúa, comeza a súa andaina na cidade da Coruña no ano 87 sendo unha das súas características principais a representación de obras orixinais especialmente escritas para  a súa representación con monicreques.
Formada por profesionais con experiencias anteriores no eido dos títeres, xa dende a súa fundación acada un notable éxito de crítica e público. O seu director, Esteban Losada, é o único compoñente que permanece dende a creación. As súas especialidades son os títeres de "luva"  os "bunraku" , e  as "sombras". pero tamén dominan outras técnicas, sendo amigos de mesturar todo tipo de bonecos con actores descubertos ou encarautados. Na actualidade adaptan con facilidade ós seus  espectáculos  a escenarios de pequenas dimensións. Ata hoxe teñen no seu repertorio dezasete montaxes cos que abranguen a todo tipo de público, pois teñen obras dedicadas ós pícaros e o ós adultos.