ÁLBÍZARAS
FOTOGRAFÍAS
INICIO
COMPAÑÍA
OBRAS EN CARTEL
TÓDALAS OBRAS
CONTRATACIÓN
FICHA TÉCNICA :
Autor : Esteban Losada
Xénero : Comedia
Idioma : Galego e castelán
Público preferente : Infantil ( de 5 a 11 anos)
Duración : 55 minutos
Tempo de montaxe/ desmontaxe : 4 horas/ 2 horas
Potencia eléctrica : 5 Kw / 380-220 v
Espacio escénico : Ancho : 5 m,  fondo  : 5 m,  alto : 2,40 m
Actores e técnicos: Esteban Losada


POSTA EN ESCENA:
Espectáculo de  títeres e actor no que a sorpresa é un factor  fundamental. Desde un  accidentado comezo no que o público pilla ó marionetista rematando ós seus bonecos ata o intrigante final , a improvisación "suposta", adónase da escena.

SINOPSE :
Comedia que nos presenta a Sincopeto, un titiriteiro despistado e un chisco desleixado xunto uns trastes monicreques que acaban coa paciencia do ancián comediante e, polo tanto, coas súas ganas de seguir na profesión.
Ó se alza-lo pano o títiriteiro é pillado polo público coas máns na masa... ¡Masa de papel claro! Pois o marionetista aínda está a construír os monicreques cos que representar a obra. O despistado comediante, contrariado, pregunta a hora  e, ó decatarse do seu retraso, pide a colaboura do público.Gracias a axuda de tres voluntarios en só un par de minutos, Sincopeto está en condicións de comezar a función. O eso cre el. Pois aproveitando un intre no que  coloca os seus bonecos, unha sombra  se achega silandeiramente ó gran libro do titiriteiro e  absorbe as súas letras. Cando regresa Sincopeto descubre  arrepiado  o seu guión mordido e coas follas en branco. Ante a imposibilidade de representar o espectáculo sinalado decide crear outro coa axuda do público.
        Tras asignar personalidades ós monicreques e artellar unha trama de amor un  tanto absurda e previsible, comeza a esperada representación.
        Pero o que ía ser unha anodina función,debido a unha serie de estranos sucesos, desemboca no plante dos titeres que, desembarazándose do corsé imposto polo marionetista e o pú- blico, amosan a súa verdadeira personalidade e deciden investigar os estranos sucesos acontecidos, nos que letras e cores desaparecen de libros e obxectos como por arte de maxia. O resultado das súas pesquisas lévanos a descubrir a unha sombra con problemas de pigmentación, un amor verdadeiro e a un marionetista desesperado e canso da súa profesión.